Tradutor

Expedición a India (3º parte): Parque Nacional de Bandipur e volta a Bangalore

Parque Nacional de Bandipur  e volta a Bangalore

Estamos xa no derradeiro treito da aventura, entrando no Parque Nacional de Bandipur, un territorio protexido no que o acceso é restrinxido e controlado e o que só se pode ir polo día, estando acompañado en todo momento pola xente que traballa alí.

En Bandipur tiñamos planificados 6 safaris para facer en tres días, tendo cada safari 3 horas de duración, durante ese tempo percorreriamos pistas forestais os oito membros da expedición có conductor do Parque Nacional na procura de mamíferos e aves, na lista dos máis buscados estaban o elefante, o leopardo e o tigre, pouca broma có sitio.

O primeiro día de Safari tocounos un condutor apoucado que pouco máis facía que conducir, ía moi a modo, non seguía rastros e parecía ter a cabeza noutro sitio, queixámonos e para os seguintes catro Safaris puxéronnos un conductor que daba gusto, ía rápido cando se podía, seguía rastros, escoitaba a selva e sabía os sitios que máis lle gustaban os animales difíciles de ver, así sí.

Cando non estabamos de Safari tentabamos bichear dentro do recinto pechado do aloxamento, non nos deixaban sair fora, vimos algúns hérpetos, pero pouca cousa, as cousas non son fáciles na India.

Comparto con vós algunhas das especies das que puidemos desfrutar durante os nosos días no Parque Nacional de Bandipur:

As nosas habitacións no Safari, a miña e a de Ander foi a do leopardo, un bo presaxio dende logo!

Macaca radiata, macaco de tamaño medio moi espelido, sempre preto da xente

Semnopithecus hypoleucos, moito máis tímidos cá outra especie de macaco presente no Parque Nacional

Merops orientalis, fermoso meixengra dunha cor verde brillante

Concentración total ante o meu primeiro gran felino, o leopardo

Panthera pardus fusca, o leopardo, unha sensación indescriptible ver a este animal salvaxe

Momento no que decide rematar coa sesión de fotos e moverse cara unha zona menos visible


Foto que amosa un dos grandes problemas de conservación para os grandes felinos na India, a sobrepoblación e a presión que exerce o ser humano sobre o hábitat de leopardos e tigres

Pasamos un tempo estupendo afotando animais durante o Safari

Pavo cristatus, especie autóctona e salvaxe na India

Xogando coa cor e a luz

O equipo completo nun dos autobuses do Safari

Elephas maximus, elefante asiático, outro dos animais máis emblemáticos do país, toda unha ledicia poder ver a estes nobles xigantes

Lembranzas que me acompañarán ó longo da miña vida

Elephas maximus nun momento de limpeza corporal

Pequeno lacértido "in situ" nunha posición peculiar

Fermosas bolboretas en cópula nun dos momentos de descanso no hotel do Safari

A derradeira noite todos xuntos ó carón do lume falando da experiencia da viaxe e mentalizándonos da longa viaxe de volta a casa

Tras Bandipur marchamos de novo cara a capital do Estado, Bangalore, unha vez alí despedímonos dos guías Vikas e Yatín e dos nosos compañeiros de aventuras Marco, Greg e Soenke, xa que eles collían o avión de regreso un día antes cá nos.

Ander, David e eu saímos de Bangalore cara un aloxamento rural nas "proximidades" do aeroporto, tras moito estrés, chamadas telefónicas e varios Uber chegamos xa de noite a que sería a nosa última parada na India, unha granxa con hospedaxe nunha zona rural. Aproveitamos a pouca enerxía que nos quedaba para bichear dentro da propiedade (por fora non nos deixaban e dentro tiñamos que ir acompañados) e rascar as derradeiras especies da viaxe.

Hemidactylus parvimaculatus coa súa hixiene persoal

Uperodon systoma, sapo con cara de poucos amigos, pero totalmente inofensivo

Calotes versicolor

Uperodon variegatus, pequeno sapo que habita zonas máis secas do interior

Afotando no chan da nosa habitación a un sapiño que se colara no baño

Vista frontal do Uperodon variegatus que atopamos no noso baño

A mañá seguinte emprendimos a longa viaxe de volta a casa, non sen ter unha chea de problemas nos aeroportos indios con cada control de seguridade, cambios de última hora nos avións e ata unha revisión a detalle por parte dos militares da miña maleta por levar unha batería externa, vaia odisea!

Non podo despedirme desta marabillosa aventura sen dar as grazas a David Dopereiro e a Ander Izaguirre por terme convidado a esta viaxe, a Greg, Soenke e Marco por ser tan bos compañeiros e a Vikas e a Yatin por ensinarnos tantos animais incribles.


Listado de especies de hérpetos da viaxe:

Réptiles

Serpes: 23 especies

Daboia russelii 

Craspedocephalus gramineus 

Craspedocephalus malabaricus 

Hypnale hypnale 

Naja naja

Echis carinatus

Bungarus caeruleus 

Calliophis nigrescens 

Fowlea piscator 

Ptyas mucosa 

Indotyphlops braminus 

Melanophidium khairei 

Eryx conicus 

Dendrelaphis tristis 

Boiga flaviviridis 

Boiga nuchalis 

Boiga thackerayi 

Ahaetulla borealis 

Ahaetulla farnsworthi

Ahaetulla oxyrhyncha

Oligodon taeniolatus

Lycodon flavicollis 

Lycodon travancoricus

Lagartos: 18 especies

Psammophilus dorsalis

Calotes versicolor 

Monilesaurus rouxii 

Hemidactylus frenatus

Hemidactylus whitakeri

Hemidactylus reticulatus

Hemidactylus giganteus

Hemidactylus murrayi 

Hemidactylus prashadi

Hemidactylus gleadowi 

Hemidactylus parvimaculatus

Cyrtodactylus albofasciatus

Cnemaspis mysoriensis

Cnemaspis goaensis

Cnemaspis monticola

Eutropis macularia

Eutropis carinata

Riopa guentheri

Riopa punctata

Ristella beddomei

Tartarugas: 2 especies

Melanochelys trijuga

Lissemys punctata

Anfibios

Ras: 34 especies

Duttaphrynus hololius 

Duttaphrynus melanostictus

Duttaphrynus brevirostris 

Minervarya caperata

Minervarya rufescens

Minervarya kudremukhensis 

Minervarya sahayadris 

Minervarya sahayadriensis

Minervarya sauriceps

Polypedates maculatus

Pseudophilautus amboli

Raorchestes luteolus

Raorchestes ponmudi

Raorchestes tuberohumerus

Raorchestes glandulosus

Rhacophorus malabaricus

Rhacophorus lateralis

Microhyla ornata

Microhyla rubra

Uperodon variegatus 

Euphlyctis cyanophlyctis

Hoplobatrachus tigerinus

Indosylvirana intermedia

Indosylvirana montana 

Clinotarsus curtipes

Indirana salelkari 

Indirana duboisi 

Micrixalus saxicola

Micrixalus elegans

Nyctibatrachus jog

Nyctibatrachus kempholay

Nyctibatrachus kumbara 

Nyctibatrachus grandis

Nyctibatrachus sanctipalustris 

Blaira ornata

Cecilias: 4 especies

Ichthyophis beddomei

Ichthyophis kodaguensis

Uraeotyphlus bombayensis

Uraeotyphlus malabaricus