Enciña da Lastra atópase situada na zona noroeste da provincia de Ourense, entre as comarcas do Bierzo e Valdeorras, có río Sil encaixado no límite oriental. A Serra ten a condición de Parque Natural, sendo o máis novo dos 6 cós que conta Galicia, declarado no 2002, contando aproximadamente con 3000 hectáreas protexidas.
Neste Parque Natural domina a rocha caliza, moi escasa no resto de Galicia, ofrecéndonos en Enciña da Lastra unha serie de covas, canóns, cantís e vales ós que a vexetación e a fauna do lugar tivéronse que adaptar dando como resultado unha serie de especies endémicas o moi raras de ver fora do parque.
É unha das grandes xoias descoñecidas de Galicia, un lugar de visita imprescindible para calquera amante da natureza, con ducias de roteiros que cruzan os bosques de encinas e castiñeiros centenarios, regos de augas cristalinas, prados cheos de orquídeas, aldeas de pizarra incrustados nas ladeiras das montañas...En definitiva, un lugar no que atoparemos a cada paso a natureza nun dos seus estados máis puros.
No parque domina o bosque mediterráneo, sendo o seu maior exponente a enciña, árbores moi escaso en calquera outro punto de Galicia, xunto con éste conviven érbedos, plantas de tomillo, ourego ou lavanda que espertarán tódolos nosos sentidos, sumerxíndonos nunha experiencia única.
É este carácter tan singular, o que convirte a Enciña da Lastra no lugar de Galicia con maior número de especies de orquídeas silvestre e un dos mellores sitios para obervar diferentes especies de bolboretas, destacando entre elas a bolboreta Arlequín (Zerynthia rumina) ou a Cleopatra (Gonepteryx cleopatra), moi escasas ou inexistentes no resto do país.
Fermosísima orquídea (Orchis purpurea), primavera do 2018.
Orquídea do xénero Ophyrs (Ophrys sphegodes) a beira dun camiño, primavera do 2018.
Bolboreta arlequín (Zerinthya rumina).
Déixovos a continuación algúns dos recunchos que podemos atopar en Enciña da Lastra, un lugar para coñecer, desfrutar, camiñar e respectar.
Vistas dende unha das zonas altas da Serra, ao fondo Pena Trevinca nevado.
Val dominado por pastos nas zonas baixas.
Roteiro que se adentra nun bosquete de enciñas.
Antigos camiños arrodeados de enciñas.
Camiños para perderse dentro do Parque.
Subindo cara un dos miradores, có bosque mediterráneo dominando a zona.
Outro dos seres vivos que fan deste lugar un sitio tan peculiar, escorpión (Buthus ibericus).

Fermoso solpor nun dos múltiples prados da zona.
Esta serra ten unha gran extensión e moitos valores naturais que resaltar coma para incluílos todos nunha soa entrada, polo que seguiremos coñecéndoa en futuras publicacións.
Fermoso solpor nun dos múltiples prados da zona.
Agardo que despóis deste pequeno resumo coñezamos un pouco mellor este recuncho de Galicia e que entre todos axudemos na súa conservación.
Vémonos na seguinte entrada!
Vémonos na seguinte entrada!
Bibliografía:
Varios autores, (2006). As montañas de Galiza. Ed. A nosa terra.
García, X. R., (2008). Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais. Vigo, España.
García, X. R., (2008). Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais. Vigo, España.
Webgrafía:
www.parquesnaturais.xunta.gal
Fantástica información, como todas las del blog. Bellísimos parajes por los que perderse.
ResponderEliminarMuchas gracias Mar, un saludo!
Eliminar