Hoxe ímonos achegar o mundo da barbantesa, tentando coñecer un pouco mellor o seu comportamento e algunhas das súas características máis rechamantes.
O seu nome en castelán (mantis religiosa) é debido as súas grandes patas dianteiras, que están dobradas e xuntas dunha forma que recorda a posición de oración.
Este insecto é un fantástico cazado que conta con múltiples armas para atrapas as súas presas deixándoas con moi poucas opcións de sobrevivir. A súa cabeza é triangular e ten unha gran movilidade, ademáis de contar con dous grandes ollos compostos e tres simples entre eles, o que lle da unha gran visión da súa contorna e das posibles presas. Son quen de acechar inmóviles ata que unha presa se poña o suficientemente preto, entón extende as súas patas dianteiras para atrapar á vítima e deixala inmovilizada grazas as púas coas que conta mentres se alimenta das partes máis tenras, unha auténtica cazadora!
As barbantesas adoitan ser de cor verde a marrón escuro, dependendo da coloración do lugar onde realizan a súa última muda antes de chegar a adultas, sendo ésta unha gran medida de adaptación á contorna.
Son insectos coñecidos por comerse tamén aos da súa propia especie, e é que no momento da cópula o macho asume un elevado risco xa que as femias desta especie adoitan papalos xusto o rematar o acto e mesmo durante a cópula, é como para pensalo dúas veces antes de ter unha cita cunha barbantesa!
Nesta fotografía tomada en outubro do 2016 na Serra do Suído (Pontevedra) podemos observar unha femia arrastrando a un macho decapitado cara unha zona máis segura para poder seguir alimentándose con maior tranquilidade.
Por último quería amosarvos en detalle a súa cabeza nesta fotografía tomada nos Ancares (Lugo), na que se pode apreciar por un lado a forma triangula da súa cabeza así coma as potentes mandíbulas e por outro os dous grandes ollos compostos e os tres simples que se atopan entre as antenas.
Agardo que despois deste pequeno resumo coñezamos un pouco mellor a este marabilloso insecto e que entre todos axudemos a súa conservación.
Vémonos no monte!
Que chulada a última foto! Estupendo o post.
ResponderEliminarGraciñas!
EliminarMoi interesante!
ResponderEliminarMoitas grazas polo comentario!
Eliminar