Tradutor

Benvidos!

Benvidas e benvidos a un espazo no que falaremos e descubriremos principalmente a natureza do país, viaxaremos pola nosa terra intentando achegar algúns dos recunchos máis fermosos da xeografía galega a través da fotografía e breves descripcións de cada lugar.

Outro aspecto moi importante dentro deste blogue será ir coñecendo a flora e fauna que habita nos distintos ecosistemas galegos, centrándonos especialmente na herpetofauna (anfibios e réptiles de cada lugar). Así mesmo iremos subindo diferentes entradas que recollan tódalas especies de anfibios e réptiles do noso territorio, así como pequenas descripcións sobre cada unha delas.

Os contidos xirarán ó redor de fotografías de calidade que nos axudarán a coñecer, valorar e respectar o gran patrimonio natural que posee Galicia.

Por último, destacar que tamén haberá dentro do blogue un apartado especial para as viaxes que vaia facendo ao longo dos anos fora de Galicia, percorrendo tanto a Península Ibérica coma outros lugares do planeta, nestas viaxes a temática xirará en torno as diferentes especies de anfibios e réptiles que habitan ditos lugares, aínda que tamén haberá espazo para o resto de fauna e flora así como das paisaxes que percorramos.

Fotografía tomada na Peneda Gères-Xurés coas primeiras raiolas de sol.

Agardo que disfrutedes deste espazo creado para divulgar e dar a coñecer as marabillas da natureza e que entre todos axudemos na súa conservación.

Vémonos no monte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario