Nos nosos anfibios cara a cara achegarémonos ao mundo destes pequenos animais, para coñecelos, diferencialos e sobretodo para darlles o valor e respecto que precisan, xa que moitas veces a base de supersticións e crenzas populares xerámonos unha idea equivocada deles (mala sorte, velenosos, perigosos, agresivos...). Son animais completamente inofensivos e só podería causar unha hipotética toxicidade se despois de manipulalos nos tocamos zonas sensibles coma os ollos ou os beizos, xa que se podería sufrir unha pequena irritación.
Gustaríame tamén engadir, que non só resultan inofensivos para o ser humano, senon que ademáis resultan beneficiosos, xa que son notables depredadores, fundamentalmente de insectos e invertebrados, ocupando un importante papel dentro do equilibrio dos ecosistemas.
Nesta sección do blog gustaríame que coñecésemos tódolos anfibios presentes na xeografía galega, pero dende un enfoque diferente, coñecerémolos de preto, a través da macrofotografía dos seus rostros. Así veremos e aprenderemos a diferenciar cada un deles grazar a detalles coma a pel, a forma e cor dos ollos, aspectos da cabeza, etc.
Anteriormente xa falamos dos sapos, polo que está vez será a quenda das ras, tal vez os anfibios menos maltratados directamente. En Galicia contamos con 4 especies diferentes de ras, que tal e como amoso a continuación son:

Pelophylax perezi (Ra verde)
É a especie máis común, presente en case todo o territorio, esbelta, co fociño puntiagudo e gran tamaño (de ata 12 cm). Coloración moi variable.
É a especie máis común, presente en case todo o territorio, esbelta, co fociño puntiagudo e gran tamaño (de ata 12 cm). Coloración moi variable.
Rana iberica (Ra patilonga)
Amplamente distribuida polo territorio galego, é unha das dúas ras pardas da nosa fauna, pequena e esbelta (machos ata 4,5 cm e femias 5,6 cm), co fociño redondeado e curto. Tímpano pouco visible e pequeno. Coloración moi variable.
Nas fotos pódese apreciar a gran variabilidade que poden amosar estas ras.
Rana parvipalmata (Ra galega ou ra do monte)
Localizada principalmente nas provincias da Coruña e Lugo, é a maior das duas ras pardas da nosa fauna (ata 11 cm). Aspecto robusto có fociño redondeado. Tímpano grande e ben patente. Coloración moi variable.
Exemplar adulto dunha poboación en perigo de extición en Ourense.
Exemplar adulto dunha poboación en perigo de extición en Ourense.
Exemplar novo cunha coloración dourada afotado na Pastoriza (Lugo).
Hyla molleri (Rela común o estroza)
Especie máis localizada cas anteriores, pequena e de corpo rechoncho (ata 4 cm). Pel lisa de coloración normalmente verde brillante e uniforme, moi variable segundo a localización. Banda negra dende o orificio nasal ata as ingles.
Exemplar adulto afotado na Lagoa de Antela (Ourense).
Fotografía na que se aprecia a banda escura que lle percorre o corpo dende o orificio nasal.
Ata aquí as catro especies de ras presente es Galicia, pero me gustaría engadir unha última especie, que aínda sendo considerada sapo ou sapillo, ten aspecto de ra, coa finalidade de evitar posibles confusións.
Discoglossus galganoi (Ra das veigas)
Especie fundamentalmente presente en territorios pretos a costa. Sapillo mediano (7 cm) e robusto con aspecto de ra, fociño puntiagudo e pel lisa e brillante. Pupila en forma de pinga invertida.
Distintos exemplares afotados dentro do territorio galego.
Por último dicir que tódalas fotos que aquí aparecen son feitas por min, có único fin de dar a coñecer a nosa fauna e flora, polo que agradecería a súa difusión, se alguén está interesado en utilizar as imaxes, pido que antes se poña en contacto comigo debio o tempo e esforzo invertido na súa realización.
Agardo que despóis deste pequeno resumo coñezamos un pouco mellor estos animais e que entre todos axudemos a súa conservación, vémonos na seguinte entrada!
Bibliografía:
Masó, A. y Pijoan, M., (2011), Anfibios y reptiles de la península ibérica, baleares y canarias, Barcelona, España, Ediciones Omega.
Webgrafía:
www.vertebradosibericos.org
www.sghn.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario